Estamos na Semana da Ciencia, que este ano vai do 8 ao 21 de Novembro, e imos celebrala con varias actividades:
- Unha exposición en 16 paneis sobre Biodiversidade, facilitada por el CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas),que conmemora o Ano Internacional da Biodiversidade. Preténdese concienciar de que a actividade humana é responsable da reducción da diversidade biolóxica do noso planeta. Conta tamén con unidades didácticas, adaptadas aos diferentes niveis, para a interpretación da exposición. Serán traballadas en diferentes Materias, non só en Bioloxía.
- A exposición pode visitarse no vestíbulo do Instituto ou de xeito virtual aquí
- Panel con Novas da ciencia que se enche coas aportacións dos alumnos, profesores e persoal non docente.
- Concursos literarios e de fotografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario