O arquivo da Cidade da cultura de Galicia inaugurou o 25 de Novembro unha exposición que baixo o título Ex libris gallaeciae. Dos libros de Galicia recolle unha escolma de 83 libros, códices ou manuscritos considerados clave na construción da cultura galega. Estas “xoias bibliográficas” definen momentos claves na historia de Galicia. Destacan: unha das cinco versións completas do Codex Calixtinus (imaxe da esquerda), o primeiro libro que se imprimiu en Galicia Breviarium Auriensis, El primer libro impreso en gallego, Proezas de Galicia (1810), o primeiro libro ilustrado impreso en galicia, o primeiro documento escrito en galego Foro do Burgo de Castro Caldelas (1228), a primeira revista ilustrada de Galicia, o primeiro mapa do Reino Galicia, el manuscrito de Sempre en Galiza de Castelao,os versos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, así coma unha escolma de tratados científicos galegos, entre outras pezas de interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario