Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 4 de abril de 2011

A miña biblioteca

Como é a túa biblioteca? Quen son os teus autores preferidos? Que libros recomendarías aos teus amigos? Que relato te rescatou do aburrimento? Que poema te fixo soñar?
Se queres compartir todo isto, podes participar no concurso A miña biblioteca. Animate!
As bases son:



Como este ano o Día do Libro (data que queremos celebrar con diferentes actividades, entre elas este concurso) coincide coas vacacións de Semana Santa, temos que esperar á volta para publicar os traballos.

No hay comentarios: