Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



jueves, 24 de noviembre de 2011

Actitude 2.0

Mirade que pasou no VI Encuentro Internacional EducaRed 2011, que trataba da Actitude2.0. A verdade é que a actitude foi boa, tanto dos poñentes, docentes e dos "espontáneos", sobre todo destes. Xa veredes...


No hay comentarios: