Necesario porque nintan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdadede condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarseás noticias.
Mais aínda así cabepensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prenderunha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nasnosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súaformación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma"Coñecernos para querernos ", nun intercambio persoal ede coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunhabiblioteca con (o Bubisher ) ou sen (O Niñodo Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder áilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candeaacesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas EscolaresGalegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado paraagasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, todainauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area,queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers * cheos de cor, imaxes, historias. Porque asnosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas acrenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@snascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
Se queredes unirvos áiniciativa de Álbumes para o Bubisher, sótedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Neste video podedes ver o Bubisher
Ningún comentario:
Publicar un comentario