Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



viernes, 9 de noviembre de 2012

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER

Hoxe e mañán (9 e 10 de Novembro) teñen lugar en Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, cuio lema este ano é Ler para ver. Aquí tedes máis información

No hay comentarios: