luns, 5 de novembro de 2012

Semana da Ciencia (5-18 de Novembro)

Un novembro máis celebramos a Semana da ciencia. Este ano dedicámola á enerxía sostible -aínda que tamén terán cabida outros temas científicos.

O marco de referencia das actividades que imos desenvolver estes días é a exposición, elaborada e dirixida por CSICA enerxía móvenos. Esta ofrécenos en 19 paneis unha perspectiva global sobre a situación enerxética mundial, mostranos as alternativas existentes encamiñadas a unha electricidade e un transporte máis limpos e proporciónanos consellos e medidas que os cidadáns podemos aplicar para contribuír ao cambio de modelo enerxético.

Como en anos anteriores, poderás colgar no taboleiro de Novas sobre ciencia, aquelas noticias científicas que se produzan estes días e que che resulten interesantes.

E na sección Cómo podemos aforrar enerxía poderás dar os teus consellos orientados ao aforro enerxético.  

Entre os días 12-17 terá lugar un  Concurso de preguntas sobre enerxía sostible, aberto a todos os alumnos do centro. Estas son as bases.









Tamén se convoca o III Concurso de fotografía Bibliototem



Ningún comentario: