martes, 5 de marzo de 2013
Encontros do PLAMBE 2012/2013
Os días 7 e 8 de marzo terán lugar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, onde se reúnen os profesores que coordinan os equipos de biblioteca dos centros integrados no PLAMBE. Nesta edición farase fincapé, por unha banda, na función das bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais e, por outra, na importancia da alfabetización mediática e informacional.
Estes Encontros son ademais unha excelente ocasión para intercambiar ideas, inquedanzas, materiais, experiencias e mesmo para reencontrarse cós "amigos do plambe", que tamén se fan.
Esta actividade é organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Programa
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario