Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



martes, 2 de abril de 2013

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil





             


             




Hoxe, 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Con esta data conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos tan coñecidos como O traxe novo do emperador, O patito feo, A sirenita ou O soldadito de chumbo.

O IBBY (The International Board on Books for Young People) seleccionou ao ilustrador Ashley Brian para deseñar o cartel deste ano e á escritora Pat Mora para escribir a mensaxe, que podedes ler no cartel da dereita.

Na biblioteca fixemos una selección de libros infantís e xuvenís que vos poden gostar.













No hay comentarios: