Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 22 de abril de 2013

Día do Libro: "Aínda non liches...?"

Se aínda non liches algún destes libros, non deixes de facelo. Así cho recomendan alumnos, profesores e persoal non docente do instituto no Día do Libro. Hai de todo: aventura, misterio, clásicos, amor, ciencia ficción,...ata contos silenciosos. E abundante, porque son moitos os que quixeron animarnos a ler.



DÍA DO LIBRO from Tito Ogando on Vimeo.

No hay comentarios: