xoves, 11 de abril de 2013

Concurso de fotografía. “ A MIÑA TERRA - MY HOMELAND”


Convócase o concurso de fotografía "A miña Terra- My Homeland".
Este certame  está enmarcado dentro do programa europeo Comenius-Regio con Polonia, no que participan tres centros de Galicia: o colexio Froebel , a Escola de Tempo Libre Don Bosco e o noso instituto, IES A Xunqueira II; e tres centros da localidade polaca de Bedzin:  John Paul II, Norwid e Culture House PMDK.
O programa ten como obxectivo afondar no coñecemento mutuo de ambas as dúas rexións e estudar as herdanzas culturais tomando como referencia o Camiño de Santiago.

  • O concurso establece catro categorías por idades: de 6-10 anos, de 11-14 anos, de 15-18 anos e para maiores de 18.
  • As fotografías, en formato dixital e cun tamaño máximo de 1MB e mínimo de 8000KB, reflectirán a idea que ten os participantes sobre a rexión onde viven.
  • Cada participante poderá presentar un máximo dunha foto.
  • Cada imaxe deberá ir acompañada dun título e do nome do lugar onde foi tomada.
  • Os traballos deben ser enviados a contestpaincr@gmail.com antes do 30/04/2013.
  • Haberá premio para as 3 mellores fotografías de cada categoría, que serán publicadas na web do programa.
  • As fotografías pasarán a formar parte dunha exposición.
 

Ningún comentario: