Para o verán que xa está en portas, aínda que non o pareza, propoñémosvos un mergullo no mar, nos nosos mares pero tamén en mares afastados. Como facelo? Moi sinxelo. A través dos libros que aparecen na Guía de Lectura.
Con eles podemos quedar preto, na praia de Panxón co inspector Caldas ou buscar en Brétema con Fins, Leda e Brinco o que o mar bota tras algún naufraxio. Podemos contemplar o mar Adriático dende un hotel veneciano. Podemos aventurarnos e ir ata Nova Escocia en busca dun tesouro, ou a mares antárticos a bordo dun barco baleeiro acompañando a Arthur Gordon Pym, ou tamén aos mares do Sur, seguindo os pasos de Gauguin.
Boa travesía e bo verán¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario