Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 28 de octubre de 2013

Concurso semana da ciencia: Agudiza o teu enseño

Desde o día 4 ata o 11 terá lugar o concurso de preguntas sobre ciencia Agudiza o teu enseño, que forma parte das actividades que se celebran con motivo da Semana da Ciencia. No cartel podedes consultar as bases.


No hay comentarios: