Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 4 de noviembre de 2013

Semana da Ciencia 2013


Este ano adiantámonos á Semana da Ciencia invitándovos a "Ler ciencia na biblioteca escolar". Así podedes pescudar e ler un montón de revistas e libros de ciencia ou relacionados coa ciencia, que xa estaban nos estantes, pero que ás veces pasan desapercibidos porque non lles vemos a cara. Tamén tedes unha selección destes nunha  entrada anterior do blog.




 
 
                         




E comezaron xa as visitas á exposición A esfera da auga. Os paneis están no vestíbulo. Tamén podedes facer una visita virtual se premedes aquí.






E os concursos de fotografía, de preguntas de ciencia, de contos. Ver convocatorias nas etiquetas de Concursos do blog e animádevos a participar.





No hay comentarios: