xoves, 24 de abril de 2014

Día do libro

O Día do Libro, este ano, celebrouse practicamente á volta das vacacións de Semana Santa, polo que a premura de tempo para organizar algo foi moita. Decidimos, logo de pensar algunhas alternativas, facer uns marcapáxinas nos que por un lado escribiramos algunha frase que nos gustase dun dos nosos libros favoritos e, polo outro, algún debuxo ou motivo para darlle vistosidade.
A verdade é que foron moitos os alumnos e profesores que participaron. Case quedamos desbordados recortando cartolinas para entregar, co seu buratiño, e non digamos xa cando as tivemos que colgar. Porque a idea era expoñer todo ese traballo en forma de choiva de marcapáxinas. Xa que este ano non nos quere deixar, invitámola, de forma poética, ó Día do Libro. Non obstante houbo que facer algunhas modificacións sobre a marcha da idea orixinal. As pingas-marcapáxinas pendían de tanza, que ó cabo tivo que ser sustituida porque unhas se enguedellaban de mala maneira nas outras... en fin, cousas do directo.

Pois nada, eiquí tedes un pequeno vídeo co resultado do traballo. Moitas gracias a todos os que participaron. Todos o fixeron moi ben e hai algúns marcapáxinas realmente moi bonitos. Gracias de novo.


1 comentario:

alexamath dixo...

Moi lindos, Pepa, encántame a idea.
Feliz mes do libro para tod@s