venres, 9 de maio de 2014

Visita á Feira do Libro de Pontevedra.

Onte fomos de compras á Feira do Libro de Pontevedra cos tres grupos do Club de Lectura. Visitamos as casetas, curioseamos por aquí e por alí e, ó final, os rapaces mercaron cadanseu libro para a Biblioteca (por suposto con cartos da Biblioteca) Aproveitamos tamén para ler algúns dos poemas que van recitar na Semana das Letras Galegas.


FEIRA DO LIBRO - Movie Maker

Ningún comentario: