O día 14 de Maio, dentro das actividades realizadas no centro para celebrar a Semana das Letras Galegas, alumnos de 1º de ESO, dirixidos pola profesora de Lingua e Literatura Galega, Amalia Graña, representaron no salón de actos do Instituto a obra de teatro
Restaurante Farruco de Chus Pereira.
A peza ten un só acto, transcurre nun só día e a acción se desenvólvese nun só espazo, o Restaurante Farruco.
A autora utiliza o verso rimado e, cun ritmo trepidante, presenta situacións disparatadas entre os clientes, os camareiros e algúns dos ingredientes dos menús.
Acabamos o acto cantando e bailando con Paco Nogueiras e
Con Díaz Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario