mércores, 21 de xaneiro de 2015

A vinganza do defunto, de Carlos G. Reigosa.

Ola totems!

Neste libro de Carlos Reigosa temos de protagonista a Nivardo Castro, o detective que collera sona a raíz da resolución dun "crime en Compostela", alá polo ano 86, sí 1986, fai casi 30 anos.
Nesta ocasión ocórrelle unha cousa ben estraña: ten que investigar un crime por conta ... ¡do proio finado!

Penso que pode ser unha lectura en galego interesante. Inda que se queredes unha opinión máis persoal eu me decantaría por outro libro do mesmo autor: A Lei Das Ánimas, que narra uns sucesos ben raros nos que anda de por medio a Santa Compaña. Iste é tealmente bo.

E nada máis. Até a próxima.


Ningún comentario: