mércores, 28 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Con motivo do Día da Paz, que se celebra este 30 de xaneiro propoñémosvos ver e escoitar con atención o que Malala Yousafzai pedidu no seo das Nacións Unidas. Un discurso conmovedor e cheo de forza e razóns.
Malala foi premio Nobel da Paz no pasado 2014 dous anos despois de que os talibáns en Pakistán intentaran acabar coa súa vida por querer ir á escola.


Se queredes coñecer algo máis da súa vida tedes na biblioteca o libro: Yo soy Malala, escrito por ela mesma.

Ningún comentario: