Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



jueves, 23 de abril de 2015

Viaxe ao centro dos libros 2

Así se confecionou o libro xigante que serve de soporte ás recomendacións de alumnos e profesores para celebrar o Día do Libro.
Ollo. Algún alumnos tomaron tan en serio a "Viaxe ao centro dos libros" que quedaron atrapados dentro. Pero non vos preocupedes por eles. Están tan entretidos e fascinados que de momento non queren saír




Día do Libro 2015 from bibliototem on Vimeo.

No hay comentarios: