Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



jueves, 23 de abril de 2015

Visita do Club de lectura á Feira do Libro 2015

Como vén sendo habitual, non faltamos á cita coa Feira do Libro de Pontevedra. Os membros do Club de lectura pasamos una boa mañá visitando as casetas e buscando o libro que nos gostaría que estivese na biblioteca para compartilo cos nosos compañeiros.




No hay comentarios: