Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



jueves, 1 de octubre de 2015

Benvida¡

A biblioteca dávos a benvida a todos os alumnos pero moi especialmente aos que vos incorporades este curso ao instituto. Para que a coñezades con máis detalle -aínda que algúns xa pasastes pola sala- está a organizar visitas guiadas para os alumnos de 1º ESO e faias coincidir coa semana na que se celebra o Día das Bibliotecas (24 de Outubro). Nestas visitas mostrarémosvos as diferentes seccións da biblioteca, os recursos de que dispón, a organización dos libros, o blogue da biblioteca...

O lema escollido este curso para a campaña anual das bibliotecas escolares de Galicia é "Biblioteca escolar, base de exploracións" . E iso é precisamente o que se pretende desde a biblioteca,  facilitarvos os recursos para que poidades explorar nos temas que vos interesen e compartais os vosos descubrimentos. Así que aquí esperámosvos, cos motores en marcha para iniciar a viaxe.

No hay comentarios: