luns, 2 de novembro de 2015

Semana da ciencia 2015. Luz, sombra e penumbra


Atopámonos de cheo na Semana da Ciencia. Oficialmente vai do 2 ao 15 de novembro, pero, como xa sabedes, no noso centro esténdese durante un mes ou máis. Este ano está dedicada á luz e, con tal motivo, montamos no vestíbulo as exposición Un universo de luz, cedida polo CSIC. A exposición consta de 20 paneis que tratan da primeira luz do cosmos, de efectos ópticos, do que ve o noso cerebro, do láser, da luz na pintura, etc. Recomendámosvos unha visita moi atenta, en primeiro lugar porque seguro que ides a descubrir moitas cousas interesantes sobre a luz e as súas aplicacións, e, en segundo lugar,  porque alí podeis atopar información moi valiosa para resolver as probas do Concurso Prende a luz, que se celebrará a finais de novembro.

 






Ningún comentario: