luns, 9 de novembro de 2015

Concurso Semana da Ciencia 2015. Prende o teu enxeño


Prende o teu enxeño

É o título do concurso que se celebrará entre os días 30 de Novembro e 4 de Decembro, ambos incluídos

Como nas anteriores edicións, haberá tres categorías e tamén tres premios -un por cada unha das categorías: Categoría 1: 1º e 2º ESO; categoría 2: 3º e 4º ESO; categoría 3: Bacharelato

As probas diarias  estarán formadas por un exercicio de enxeño (lóxico ou matemático) e por unha cuestión relacionada coa exposición Un universo de luz

As follas de participación recolleranse na biblioteca no primeiro recreo e entregaranse ao final do segundo recreo, tamén na biblioteca.

A partir das 14:00 de cada día se publicarán as respostas as correspondentes probas dos diferentes niveis.

Ao rematar o concurso vanse publicar os gañadores dos diferentes días. Estade atentos. Un deles podes ser ti!

Ningún comentario: