domingo, 22 de novembro de 2015

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

 Os días 20 e 21 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. 
O PROGRAMA centrouse fundamentalmente en dar a coñecer experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploración" para investigar, informarse, descubrir, compartir, etc. Deste xeito se daba conta do lema da campaña de Bibliotecas escolares deste curso: Biblioteca escolar, base de exploracións.
Tamén  se falou dos retos que ten por diante as bibliotecas escolares para facilitar o acceso autónomo e crítico á información.


 A conferencia inicial deuna o neurofixiologo Xurxo Mariño, que non é bibliotecario nin traballa en bibliotecas, pero si un amante dos libros e un apaixonado da investigación e da exploración.



E esta paixón levouno a realizar unha viaxe arredor do mundo xunto á súa compañeira. Foi unha viaxe, como nos contou, chea de aventuras, de descubrimentos, que non serían posibles se non se contase coa bagaxe das experiencias próximas, das referencias e peculiaridades da nosa contorna máis próxima. En 60 minutos fíxonos camiñar, navegar e voar da man da súa conferencia Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.



Ningún comentario: