Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



viernes, 4 de diciembre de 2015

Final do Concurso Semana da Ciencia: Pasapalabra

Chegamos ao último día do concurso Prende o teu enxeño. A proba de hoxe, a definitiva, é un Pasapalabra, que disputarán os dous concursantes que obtiveron mellor puntuación nas probas realizadas ao longo da semana, e que son: José Cochón Casalderrey, alumno de 2º ESO A, e Carlota Abilleira Moldes, alumna de 1º ESO A.

Será no recreo grande e na biblioteca. Alí vos esperamos para darlles ánimo e para coñecer ao gañador ou gañadora.

No hay comentarios: