Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



miércoles, 16 de diciembre de 2015

Guía de Nadal

Algunhas sustancias ao absorber luz, sofren cambios químicos, é dicir, utilizan a enerxía que a luz lles transfire para alcanzar os niveis enerxéticos necesarios para reaccionar.
Seguro que as recomendacións da guía de lectura non vos van deixar indiferentes porque están relacionadas coa luz. Podedes escoller entre a luz na literatura, no cine ou na música.




No hay comentarios: