luns, 24 de outubro de 2016

Benvida!

Hoxe 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca e, con tal motivo, queremos invitarvos a que pasedes pola biblioteca do instituto, que vos espera coas portas abertas. Non é que ata agora estiveran pechadas. Pero pode que algún despistado esquecérase de visitala e aínda non saiba o que aconteceu nela no verán, cando estabamos de vacacións.
Sufriu unha “metamorfose”, pero non como a de Gregorio Samsa. Non vos preocupedes. Cambiou. Iso si. Creceu uns cantos metros, aumentou o número de andeis e de fiestras e, quizais o máis novo, abriu unha porta de saída ao xardín interior do centro, onde poderanse facer lecturas "máis osixenadas".
Estades invitados todos, pero moi especialmente os alumnos novos no centro. Para vos organizamos unhas visitas guiadas onde coñeceredes cómo está organizada a nosa biblioteca, qué seccións ten, cómo se busca no catálogo, cómo localizar os libros, cómo se fai o préstamo, etc.


Non vos perdades a selección de libros relacionados coas Artes que atoparedes no expositor de novidades. Por que de Arte?, pois porque é o tema elixido polas Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso, como se ve no cartel creado por Minia Regos.

Ningún comentario: