venres, 16 de xuño de 2017
Día de librerías
Ola totems!
O pasado luns día 12 e xa como unha das derradeiras actividades deste curso, os membros dos clubes de lectura fixeron a súa xa tradicional compra de libros para a biblioteca. Este ano, como non tivemos feira do libro en Pontevedra, decidimos que iamos ir á fonte primaria dos libros: as librerías. Así que nos puxemos en marcha despois do recreo e, atravesando media cidade, chegamos á zona comercial onde visitamos a librería Nobel, a librería Paz, Cronopios, Seijas, Escolma, El pueblo, Cao, Metáfora, D-Lectum, clip, ... e penso que non nos olvidamos de ningunha máis.
Aquí tedes o video-resumen da saida, no que poderedes atopar ó final as sempre interesantes recomendacións dos nosos máis aguerridos lectores e algúns dos libros que mercaron para a nosa biblioteca, libros que xa vos están a agardar para que os leades sen demora.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario