Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



martes, 20 de junio de 2017

Guía de verán

Ola totems!!
Como tódolos anos por estas datas vos traemos as recomendacións da Biblioteca para que pasedes un bo verán de lecturas. Velaí tedes a nosa guía de verán, mellor dito a vosa, xa que as recomendacións están feitas polos alumnos dos clubs de lectura. Todos os libros están dispoñibles na Biblioteca. ¡Correde antes de que se agoten!


No hay comentarios: