martes, 5 de novembro de 2019

BiblioTEIca





Este xogo de palabras leva en si un proxecto de colaboración entre o Equipo da Biblioteca e o Equipo TEI dentro das actividades que se realizan na biblioteca para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro.



Desde hai cinco anos vénse desenvolvendo con grande éxito o programa TEI  (Titoría Entre Iguales) no noso centro. Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar de maior implementación en España e un dos primeiros a nivel mundial.






 En Secundaria,  os alumnos de 3º  son titores emocionais dos de 1º.


E en que consistiron estas xornadas?

  • Na realización de  actividades de cohesión na semana do 4 ó 8 de novembro, cunha duración dunha sesión por grupo de titores e titorandos.


  • En círculos pequenos reflexionábase sobre a defensa da educación sen importar nin lugar de procedencia  nin se eres home ou muller.

  • Cada xornada introducíase coa curtrametraxe de promoción á lectura "Los fantásticos Libros Voladores del Sr Morris Lessmore"  de William Joyce y Joe Bluhm: un himno para os amantes dos libros.
 
  • Tras o visionado, faciamos unha reflexión sobre os feitos acontecidos ó personaxe.
 
O personaxe do señor  Lessmore é un amante dos libros e tamén goza escribindo. Morris  Lessmore escribe todos os días no seu libro, deveza que algún día as súas memorias convértanse nun gran libro que poida ser lido polos demais. Pero chega o gran furacán, o libro de Morris voa xunto co resto do pobo, as casas, as rúas, as persoas. Cando pasa o temporal, o pobo queda abatido e tristemente gris. Morris vaga polas que antes eran rúas, un pouco perdido, un pouco desorientado e totalmente baleiro sen o seu libro.

No medio da desolación aparécese ante Morris  Lessmore unha muller que voa grazas a que miles de libros multicolores sostéñena coma se fosen un puñado de globos inflados con helio; ela entrégalle a Morris un libro e con iso sálvao da tristeza. Morris é conducido ao gran paraíso para quen ama os libros: a biblioteca. No seu novo fogar Morris dedica a vida aos libros, cóidaos literalmente, restáuraos se así o requiren, ordénaos e dálles vida compartíndoos cos lectores que chegan á biblioteca en busca dalgunha lectura. Os libros devólvenlle a Morris a vida que parecía perdida tras o furacán.

  • Presentabamos o álbum ilustrado O lapis máxico de Malala.  Preguntabamos se a coñecían; se sabían o que lle pasara; se ela sofrera; se pola súa vida pasara "un furacán"; se lle apareceu na súa vida unha señora e a levou a un paraíso; etc. 


  • Co libro nas súas mans e por grupos, debían contestar a un cuestionario elaborado polo Equipo TEI sobre os sucesos que lle aconteceron a Malala cando era rapaza, cando sofreu o atentado e cando tivo que exiliarse.

Malala, cando era nena no val de Swat, no Paquistán, quería ter un lapis máxico para escribir o mundo que ela soñaba. Usaríao para poñer un  pestillo na súa porta, así os seus irmáns non poderían molestala; deter o tempo para durmir unha hora máis cada mañá ou borrar o cheiro do vertedoiro que había preto da súa casa.

Pero, co tempo, o seu mundo cambiou, o mesmo que os seus desexos. O seu dereito para ir á escola viuse ameazado… simplemente porque era unha nena. No canto dun lapis máxico,  Malala colleu un de verdade. Soa na súa habitación, escribiu sobre os desafíos a que se enfrontaba, pero as súas palabras chegaron a xente de todo o mundo.

Malala  Yousafzai comezou a súa campaña pola educación das nenas aos dez anos, cando o val de  Swat foi atacado por terroristas e perigaba o dereito á educación. En 2009 escribiu sobre a vida baixo os talibán para o servizo da BBC en  urdu e apareceu nun documental do New York Times sobre a educación en Paquistán.


 E aquí aparece o seu furacán.


En outubro de 2012  Malala converteuse en obxectivo dos talibán e disparáronlle cando volvía a casa do colexio. Sobreviviu e continúa a súa campaña pola educación. En 2011, como recoñecemento ao seu valor e a súa loita,  Malala foi nomeada para o Premio Infantil Internacional da Paz e foi a primeira nena galardoada co Premio Nacional Xuvenil da Paz,  instituido en Paquistán. É a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz e obtivo outros numerosos premios como o Premio Infantil Internacional da Paz (2013), o Premio  Sájarov á Liberdade de Conciencia, o Premio Embaixador de Conciencia de Amnistía Internacional e o  XXV  Premi Internacional Catalunya 2013, que outorga a Generalitat de Catalunya, así como o Premio Convivencia da Fundación Manuel  Broseta de Valencia.

Malala agora vive en  Birmingham, Inglaterra, e segue avogando polo acceso universal á educación a través do  Malala  Fund ( malala. org), unha organización sen ánimo de lucro que aposta por programas de xestión comunitaria e apoia aos defensores da educación en todo o mundo.



As conclusións desta actividade foron moi enriquecedoras para por en alza o pensamento desta figura defensora non só da educación, senón da afouteza, do valor e da ousadía.

 “Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo” Malala Yousafzai







Ningún comentario: