Este curso, como novidade, puxemos en marcha un club moi especial. Especial porque os libros que imos ler son especiais, espectacularmente especiais. Teremos nas nosas mans uns obxectos pensados co corazón, elaborados con delicadeza e editados para que disfruten os sentidos.
No club do álbum ilustrado, ou libro ilustrado ou libro álbum, que de todas as maneira pode chamarse, gozaremos con volumes onde a xerarquía entre texto e imaxe muda según o establecido nos "outros" libros. A ilustración ou o pop up ou o pop down ou os troqueis, etc... non asisten secundariamente ao texto, senón que son as palabras as que acompañan ás imaxes.
Hai anos, unha serie de editoriais xuntáronse co fin de realzar o libro álbum. Asinaron un decálogo, aínda que en realidade tiña 11 apartados, un por cada un dos editores, onde plasmaron as razóns polas que engadir valor ao álbum ilustrado:
1. Porque calquera persoa, a calquera idade, necesita da arte, da beleza, para habitar o mundo.
2. Porque compartir lecturas en familia o con amigos é quererse, únenos; sen menoscabo do pracer de ler un álbum ilustrado en soidade.
3. Porque cando relacionamos texto e imaxe, desciframos un código perfecto, aprendemos a pensar, a dar significado, a emocionarnos.
4. Porque un álbum ilustrado custa moito menos cun pastel de aniversario, menos ca botella de cava coa que despedimos o ano e, sen embargo, sirve para toda a vida.
5. Porque a través dunha reconstrucción narrativa as persoas chegamos a comprender tanto o que pasa no mundo como a nosa propia existencia.
6. Porque ao pasar unha páxina para mergullarnos na seguinte esperta a nosa imaxinación. E ao chegar ao final, sentimos o desexo de berrar: «¡Quero máis!»
7. Porque a través das historias ilustradas nos recoñecemos en canto persoas, protagonistas de historias, e descubrimos que non estamos sós.
8. Porque se un adulto non entende o que pasa nas páxinas dun álbum, explicarállo o neno.
9. Porque se olvidaches un álbum ilustrado no fondo dun caixón, o día que por casualidade volva ás túas mans, alegraráche como o mellor dos agasallos.
10. Porque hai que pararse para contemplar o mundo, para recoñecer as pistas e os detalles que agachan as imaxes. Un álbum ilustrado detén o tempo, invítache a ser reflexivo.
11. Porque a lectura de álbumes ilustrados enriquece a sensibilidade artística, desenvolve o espíritu crítico, e faiche máis libre.
Para finalizar faremos nosa a cita de Mariel Rabasa e María Marcela Ramírez que na súa obra "Desbordes. Las voces del libro álbum" escriben:
«Un libro álbum apela al tacto, a la percepción de colores, de formas, a las evocaciones y sonidos de las palabras, que promueven un complejo discurso que resuena y construye modos de leer. Un libro álbum permite lecturas diversas y genera un lector que queda desbordado frente a una propuesta estética diferente. El tiempo de lectura y el tiempo del lector parecen detenerse ante un libro álbum y leer se convierte en retornar sobre él una y otra vez para disfrutar de la aparente sencillez del discurso verbal y de la profusión de las imágenes».
Ningún comentario:
Publicar un comentario