Crímenes de Von Schirach
En once breves relatos, Von Schirach dános a coñecer algúns dos procesos nos que interveu como avogado defensor na Corte de Berlín. Son once casos que, aínda que presentados de forma obxectiva, fannos reflexionar sobre a personalidade, os sentimentos, as emocións e as motivacións do criminal.
Desde a promesa do médico Friedhelm Fähner á que resultaría ser co tempo a súa “inaguantable” esposa. Ou o enxeño de Karim para burlar todo o mecanismo xudicial cunha simple proba e, deste xeito, conseguir que salga absolto o seu irmán do delito que se lle imputa. Ata concluír co último dos relatos, O exipcio, onde a xustiza acaba rendéndose ante a bondade humana.
En Crimes Von Schirach pon de relevo tanto a grandeza como as miserias da condición humana e que non todo é branco ou negro nin que todos son bos ou malos. Sempre hai matices e motivos que, sen xustificar os feitos, pódennos facer entender que ningún estamos libres de cometer un crime.
Esta obra foi lida no grupo de Club de Lectura de bacharelato e analizada desde unha perspectiva máis psicolóxica que xurídica (motivación, condicións sociais, personalidade, trastornos...) posto que todos os membros cursan a materia de Psicoloxía.
Con todo, tiveron a oportunidade de ver a práctica xudicial, evidentemente non dos casos da obra, senón doutros máis próximos e reais. Participaron no programa “Educar en Xustiza”, o que lles permitiu asistir a 4 xuízos (2 de violencia de xénero e 2 de violencia doméstica) e vivir “in situ” estes procesos: as intervencións do propio acusado, da fiscalía, da acusación particular, da defensa e a difícil tarefa da xuíza para, a teor dos feitos, das probas e das intervencións, ditar sentenza.
Pontevedra Viva
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario