sábado, 1 de abril de 2023

Semana CAM

Proxecto que nace no Club de Manga e Cómic no curso 2019-20 e na que se desenvolven unha serie de actividades para o alumnado centradas no mundo do manga, cómic e anime: dende talleres de haikus, origamis, hama beads e actividades virtuais, pasando por exposición de figuras de anime, cartelería, contacontos, músicaambiental de series de anime, cosplay, concursos de kahoot e rematando cun emocionante Pasapalabra.

 


 

Reunións preliminares dos membros do club onde se diseñaba a estructura e as actividades que se ían programar nesta edición.

 

 

 Deste xeito naceu o cartel  xunto cun vídeo, que se expuxeron no vestíbulo do instituto anunciando o evento.

 

Enlace

 

O luns comezamos por un taller de haikus na biblioteca, aberto a todo o alumnado do instituto.





Para motivar ó alumnado participante realizábase un acercamento a historia e forma de realizar haikus, mediante unha presentación de powerpoint. Posteriormente saíamos co grupo ó patio do instituto para poder sentir a natureza e escribir sobre ela.  

 

 

 

O martes realizabamos un kahoot con preguntas sobre o mundo do cómic, manga e anime. Os oito mellor clasificados participarán no concurso de pasapalabra que se celebrará o venres.no salón de actos.



Neste día tivemos a visita do Club de Manga do IES A Xunqueira I. Mostramos un pequeno resumo das actividades que se realizaron durante a semana. Tamén participaron no Kahoot.




O mércores e o xoves realizouse o combate Pokémon, organizado e dirixido por membros do club na sala de informática do instituto.



O venres, o Pasapalabra. Concurso co que se dá remate as actividades da Semana. Este ano tivo como novidade a participación do Club de Manga do IES A Xunqueira I de Pontevedra, que se enfrontaron ós gañadores do concurso do Kahoot do noso instituto. 






 



 

Paralelamente realizamos outras actividades inclusivas para o resto do comunidade:

Unha sesión de contacontos xaponés a cargo de Yoshi Hioki, que nos presenta  "Nurumachí", que fala sobre a vida dunha nena lenta e torpe. Neste conto Nurumachin simboliza “o diferente” ademais cun par de características que na nosa sociedade actual son “mal vistas” ou “non aceptables”. Que fai a xente da súa comunidade #ante esta presenza «non común”?  mostra unha historia de superación persoal.

Este vídeo pódese visualizar no seguinte enlace

 


 

Tamén se realizaron dous talleres de creación artística: un de origamis a cargo de Andrea Ogando,e outro de hama beades organizado por membros do club de lectura de 2º de ESO.

 



Mais fotografías sobre este evento: pincha aquí.

 

Ningún comentario: