sábado, 15 de abril de 2023

Taller de haikus

Tomando como punto de partida ó taller realizado durante a Semana CAM, realizouse un obradoiro a todo o alummado de 3º de ESO en colaboración coa materia de EPVA.

Durou unha sesión por curso, realizándose catro sesións, onde todo o alumnado participante acercouse á creación  literaria a través desta forma poética.

Como punto de partida presentamos un power point na biblioteca coas características mais salientables do haiku: historia, forma, tipos, exemplos. 


 

 



A continuación saíamos ó patio do instituto onde debían buscar a inspiración para construir o seu haiku:. a través do contacto sensorial co entorno.







Ningún comentario: