venres, 21 de abril de 2023

Día do Libro 2023


Como vén sendo habitual todos os anos realizamos esta actividade con todos os clubs de lectura e que  a
facemos coincidir co do Día do Libro.
 

Cada membro dos diferentes clubs visita as librarías da cidade e merca o libro que mais lle gusta e que quere que forme parte da biblioteca do centro.
Tras a compra, reunímonos nun lugar senlleiro da cidade (a praza da Ferrería) e comentamos o motivo da súa escolla.

Cos libros marcados realizouse a derradeira lectura dos clubs de lectura, sendo tamén a base da guía de lectura para o verán.


Enlace ó vídeo

Ningún comentario: