xoves, 27 de febreiro de 2025

Actividades de Entroido na biblioteca

O alumnado de 4 ESO que cursa Expresión plástica gozou do Obradoiro impartido por #pedrasdepapel organizado por Biblioteca en colaboración co EDLG e os Departamentos de Debuxo e Lingua e literatura galegas. Velaquí os resultados:






Ademais, o alumnado voluntario elaborou para a biblio unha decoración ben peliqueira. Grazas!!

venres, 21 de febreiro de 2025

Alimentación saudable

Na mañá de hoxe, o alumnado de 3°ESO asistiu a unha charla sobre alimentación saudable impartida pola farmacéutica e nutricionista Marta Samartín. A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.


Obradoiro de benestar e convivencia

Que ben o pasamos cando traballamos xuntos respectando o espazo alleo! 






xoves, 20 de febreiro de 2025

Obradoiro de máscaras do Entroido tradicional

Na mañá de hoxe, o alumnado de 4º ESO -que cursa a materia de Expresión artística- realizou na biblioteca un obradoiro de caroutas do Entroido tradicional galego a cargo de Electra, do Proxecto Pedras de papel. Despois de achegarnos brevemente aos tipos de máscara do Entroido dos pobos de Galicia e de analizar os materiais empregados, puxémonos mans á obra para dar forma aos volumes. Na próxima sesión, tocará decoración das pezas creadas polo alumnado. 











martes, 18 de febreiro de 2025

Jackson Pollock no club de lectura Petiscos de arte

Esta tarde o alumnado participante no Club de lectura Petiscos de arte traballou a figura de Jackson Pollock, a través do texto e as imaxes de Fausto Gilberti (Ed. Phaidon). Velaquí as imaxes da xornada!





domingo, 9 de febreiro de 2025

Preparando o Entroido

O noso alumnado voluntario está xa a preparar o Entroido coa ambientación da biblioteca.


Ademais, o alumnado de 4 ESO terá unha sesión divulgativa sobre o Entroido tradicional galego e, aqueles que cursan a materia de Educación Plástica, gozarán os días 20 e 27 dun obradoiro de máscaras dirixido por Electra, de Pedras de Papel, e organizado por Biblioteca (en colaboración co EDLG e o Departamento de Educación Plástica e Visual).

venres, 7 de febreiro de 2025

Novos materiais de lectura fácil

Xa están dispoñibles en biblioteca os novos materiais co sistema Lectura fácil. Proximamente, habilitaremos un espazo para que os atopedes sen dificultade.


xoves, 6 de febreiro de 2025

Materiais 11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia.


Con motivo do Día internacional da muller e a nena na ciencia, deixamos algúns enlaces de materiais que poder resultar de interese, e as imaxes dos libros da biblioteca con historias que poden servir de inspiración para moitas científicas (e científicos tamén) do futuro!

Mujeres con ciencia  Mulleres de portada  Cómic Científicas  Vídeo Científicas  Oceánicas








martes, 4 de febreiro de 2025

VII torneo de debate académico de Galicia

O alumnado de Bacharelato participou hoxe no Torneo de debate académico da Fundación Barrié en A Coruña. Despois de moitas xornadas de investigación, procura de argumentos, ensaios grupais e unha maratoniana xornada con tres debates ás nosas costas, non podemos máis que felicitarvos. Grazas polo voso traballo, compromiso e enerxía!



luns, 3 de febreiro de 2025

Recital pola paz

Aroa Gómez, de 1 de Bacharelato, agasallounos na mañá de hoxe cun recital de piano, acompañado por un texto escrito por ela mesma trala lectura da banda deseñada Ginette KolinkaAdiós, Birkenau. Foi un verdadeiro pracer escoitala para conmemorar o Día en memoria das vítimas do Holocausto e o Día da Paz e a non violencia. Que mellor maneira de loitar contra a barbarie que coa música e a literatura...