Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2025

Exposición ano Castelao


Con motivo do 75 aniversario do seu pasamento, e a partir da proposta de traballo da Biblioteca (en colaboración cos Departamentos de Lingua e literatura galega e Lingua e literatura castelá), o alumnado de 1ºBacharelato elaborou paneis expositivos sobre a vida e a obra de Castelao. Aquí vos deixamos o traballo escollido para a súa impresión, realizado por Sofía e Emma.

 

venres, 12 de xaneiro de 2024

Picasso, protagonista

 O alumnado de 4 asistiu hoxe á exposición "Picasso, protagonista", unha ollada á obra e biografía do artista desde a banda deseñada. Visitamos as salas do Café Moderno de Pontevedra e realizamos un obradoiro artístico-tecnolóxico inspirado polo Guernica. A actividade englóbase no lema deste ano das Bibliotecas escolares de Galicia: "Unha biblioteca escolar en viñetas".











domingo, 25 de novembro de 2018

Semana da Ciencia 2018: Feira de proxectos

...3,2,1,0. Despega a Semana da Ciencia con stands moi interesantes que non vos podedes perder: demostracións, experimentos, robótica, programación de videoxogos, exposicións, poemas, realidade virtual, contaminación acústica e ata desastres científicos!. Haberá visitas guiadas por profes e alumnos expertos, e tamén visitas libres.
Non vos despistedes porque xa están convocados o Concurso de Fotografía e o Concurso de Enxeño. Ah! Unha novidade: Escape room con acertixos de ciencia na biblioteca.















xoves, 4 de maio de 2017

Concurso de Fotografía: "Mergúllate no río"



Xa temos gañadores do Concurso de Fotografía Mergúllate no río.
Aínda que soe a tópico (pero non o é), o xurado tivo moi difícil a escolla porque presentáronse fotos moi boas e con miradas moi diferentes do Río Lérez e o seu entorno. O resultado é:
1º Premio: Unha pinga de cor no Lérez de Gloria Rivas (1º ESO D)
2º Premio: Outono no Lérez de Carmen Pazos (3º ESO D)
Premio do público: Luscofusco no Lérez (1º BAC B)





 
















luns, 3 de abril de 2017

Visita á exposición "Con A de Astrónomas"





























O venres 27 de Marzo alumnos de 1º ESO asistiron a inauguración da exposición Con A de Astrónomas, que tivo lugar na Diputación de Pontevedra, onde se mantén a mostra ata o 15 de Abril.
Nos diferentes paneis que a forman faise un percorrido histórico polos principais fitos da astrofísica e ponse de manifesto o papel das mulleres astrónomas dende a antigüidade ata os nosos días: Aglaonike, Hipatia, Caroline Herschel, Williamina Fleming, etc.
Na preparación da mostra participaron astrónomas de diferentes centros de investigación, entre elas Josefina Ling, profesora de Astronomía e Astrofísica da Facultad de Matemáticas da Universidade se Santiago de Compostela, e Eulalia Pérez Sedeño, historiadora e investigadora da ciencia no CSIC.
En palabras de Ling, comisaria da mostra, o obxectivo deste traballo é "mostrar a astronomía desde unha nova perspectiva, tendo en conta a visión e as aportacións dalgunhas mulleres que foron astónomas ilustres",













luns, 2 de novembro de 2015

Semana da ciencia 2015. Luz, sombra e penumbra


Atopámonos de cheo na Semana da Ciencia. Oficialmente vai do 2 ao 15 de novembro, pero, como xa sabedes, no noso centro esténdese durante un mes ou máis. Este ano está dedicada á luz e, con tal motivo, montamos no vestíbulo as exposición Un universo de luz, cedida polo CSIC. A exposición consta de 20 paneis que tratan da primeira luz do cosmos, de efectos ópticos, do que ve o noso cerebro, do láser, da luz na pintura, etc. Recomendámosvos unha visita moi atenta, en primeiro lugar porque seguro que ides a descubrir moitas cousas interesantes sobre a luz e as súas aplicacións, e, en segundo lugar,  porque alí podeis atopar información moi valiosa para resolver as probas do Concurso Prende a luz, que se celebrará a finais de novembro.

 






venres, 13 de marzo de 2015

ReciclArt

En febreiro, días antes das vacacións de Entroido, en clase de Educación Plástica de 1º de ESO estivéronse a ver e a analizar máscaras dos 5 continentes. Por suposto salientaron as nosas, as espectaculares "pantallas", "cigarróns", "boteiro" e "peliqueiros".
Centráronse nas africanas e descubriron a obra de Romuald Hazoumé, un artista recoñecido internacionalmente, nacido en Porto Novo -República de Benin, que reivindica a cultura ancestral do seu pobo a través do uso de materiais contemporáneos. Recicla obxectos de uso cotián que perderon a súa función, bidóns por exemplo, e reinterpreta as súas raíces á vez que fai unha crítica social e unha denuncia das inxustizas.









Versionando a Romuald Hazoumé, a profesora Margarita Esteban Muñecas formulou un exercicio de reciclaxe e creación artística que despois mostrouse no vestíbulo do instituto. Estas son algunhas das pezas:


                                












xoves, 6 de novembro de 2014

Exposición Os matemáticos e as súas cousas



Algunha vez te preguntaches por que as matemáticas utilizan algúns números con nome de letras? De onde provén o término álxebra? Como é posible que obxectos da natureza, como o talo dunha folla ou a concha dun caracol, respondan a sucesións matemáticas? Será certo que a "natureza está escrita en linguaxe matemática", como dicía Galileo? Por que as matemáticas eran "cousas de homes" e que muller matemática tivo que utilizar un seudónimo para poder traballar nesta materia? 
As respostas a estas cuestións atoparalas na exposición Os matemáticos e as súas cousas. Está instalada no vestíbulo e pode visitarse dende o día 24 de outubro ata o 28 de novembro.