xoves, 29 de outubro de 2026
mércores, 14 de outubro de 2026
xoves, 1 de outubro de 2026
domingo, 9 de febreiro de 2025
Preparando o Entroido
O noso alumnado voluntario está xa a preparar o Entroido coa ambientación da biblioteca.
Ademais, o alumnado de 4 ESO terá unha sesión divulgativa sobre o Entroido tradicional galego e, aqueles que cursan a materia de Educación Plástica, gozarán os días 20 e 27 dun obradoiro de máscaras dirixido por Electra, de Pedras de Papel, e organizado por Biblioteca (en colaboración co EDLG e o Departamento de Educación Plástica e Visual).
mércores, 18 de decembro de 2024
Obradoiros de xogos de mesa
domingo, 24 de novembro de 2024
Actividades Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca
Co gallo de Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca, o voluntariado da biblioteca e o alumnado do club de lectura de ciencia teñen preparados uns obradoiros para a semana do 25 ao 29.
E non esquezas entregar a túa maqueta científica. Tes de prazo ata o venres 29 para entregala na biblioteca! Participa e que a ciencia te acompañe!
venres, 18 de outubro de 2024
Formación do voluntariado
Xa temos ao noso voluntariado preparado para as tarefas de xestión, procura de materiais e dinamización da biblioteca. Grazas por colaborar con nós, Iria, Alba, Nora, Martín e Óscar.
martes, 19 de decembro de 2023
Obradoiro de árbores de Nadal na biblioteca
As nosas voluntarias da biblioteca realizaron, na mañá de hoxe, un obradoiro de árbores de Nadal con materiais de expurgo. O resultado, un verdadeiro éxito!

































