As familias do alumnado tamén forman parte da comunidade da nosa Biblioteca, de modo que poderán levar en préstamo os materiais que lles apeteza, e participar nas actividades ofrecidas desde o centro para adultos.
Durante este ano académico ofrecémosvos:
- Unha selección de libros que vos poden interesar sobre adolescencia, comunicación positiva ou técnicas de estudo, que poñemos á vosa disposición na sección "Biblioteca de pedagoxía".
- Proposta que combina a lectura de libros sobre diversas temáticas e charlas relacionadas (en horario de tarde, para familias e profesorado). Están previstas as seguintes:
- 1º Trimestre: Lectura de "El cerebro del adolescente" de David Bueno ou "¡Quiero entenderte!" de Diana Al Azem. A lectura completarase cunha charla sobre comunicación positiva con adolescentes a cargo da pedagoga Ana Couto. Podedes saber máis sobre a poñente na súa web: anacoutocoaching.com
- 2º Trimestre: Lectura de "Es bueno saber aprender. Técnicas de estudio para adolescentes desde la neuroeducación" e charla sobre como estudiar con Ana Couto.
- 3º Trimestre. Lectura de "Nómades", de Xosé Tomás, posible encontro co autor e charla sobre migración (poñente por determinar).
Podedes anotarvos ata o 30 de outubro enviando unha mensaxe a bibliototem@gmail.com na que se indique:
- Nome e apelidos da persoa interesada.
- Nome e curso dos fill@s que están no centro.
- Indicar se vos interesa participar nas tres propostas (1º, 2º e 3º trimestre) ou so nalgunha delas.
- Teléfono de contacto e enderezo de email.
A partir do 30 de outubro contactaremos con vós para indicarvos o día da primeira reunión (presentación, entrega en préstamo dos libros de lectura e información sobre a data da charla).
Ningún comentario:
Publicar un comentario