Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 4 de xuño de 2026
Traballando na biblio coas actividades do proxecto do PFPP
Estes últimos días andivemos a traballar nas propostas deseñadas no PFPP da Biblioteca sobre romper estereotipos sobre as persoas migrantes e aquí vos quedan algunhas imaxes!
martes, 30 de setembro de 2025
Libros que veñen e van
As nosas caixas viaxeiras empezarán a visitar as aulas de 1 ESO a próxima semana, e que mellor maneira de empezar que cun clásico da literatura británica para as clases de inglés: a colección de Mr. Men e Little Miss de Roger Hargreaves! En versión orixinal!
luns, 11 de novembro de 2024
Proxecto competencial 4º ESO
O alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO recibiu o xoves 7 de novembro, na biblioteca do noso centro, a visita da xornalista da Voz de Galicia, Sara Carreira, que lles deu as claves tanto para facer unha boa reportaxe xornalística, como para diferenciar os bulos das noticias verdadeiras.
Esta actividade enmárcase dentro do concurso "Periodismo na escola", organizado polo xornal A Voz de Galicia, e no que o alumnado de 4º da materia de Proxecto Competencial vai participar elaborando unha reportaxe sobre o cancioneiro popular galego e a súa difusión entre os máis mozos/as (dirixido por Pilar López, profesora da materia).
domingo, 26 de novembro de 2017
Semana da Ciencia 2017
Esta semana péndulos, pipetas, circuitos, hologramas, mirascopios, hercios, robots, científicas, investigadores...e ata Premios Nobel saen dos seus laboratorios e talleres e se instalan no vestíbulo do instituto. Sí, comeza a Semana da Ciencia. Invitámosvos a visitar os experimentos, exposicións e xogos elaborados polo alumnado e a participar no Concurso de enxeño.
Semana da Ciencia no IX2 from IES A Xunqueira II on Vimeo.
Semana da Ciencia no IX2 from IES A Xunqueira II on Vimeo.
mércores, 28 de xuño de 2017
Proxecto 17M17 Misión a Marte
Despois de ser seleccionados para unha misión de alto segredo que nos ía levar moi lonxe, ao planeta Marte, puxémonos ao choio para investigar e crear todo aquilo que nos permitise sobrevivir no noso novo mundo: un invernadoiro que nos proporcionase as plantas coas que alimentarnos, fertilizantes e xabón, a cúpula onde habitariamos. Deseñamos en 3D edificios e un robot agricultor. E, claro, un novo mundo necesita de novos profesionais e dun código ético acordado entre todos.
O equipo de redacción de IX2novas, mantívonos informados de todas as actuacións que se levaban a cabo.
Con este vídeo, onde se recollen algúns dos momentos do proxecto, podedes facervos unha idea de cómo abordamos a misión. Agora só queda emprender a viaxe.
O equipo de redacción de IX2novas, mantívonos informados de todas as actuacións que se levaban a cabo.
Con este vídeo, onde se recollen algúns dos momentos do proxecto, podedes facervos unha idea de cómo abordamos a misión. Agora só queda emprender a viaxe.
Video Proxecto 17M17. Misión a Marte from IES A Xunqueira II on Vimeo.
martes, 7 de marzo de 2017
Charla de Ricardo Tubío: "De Galicia ao espazo"
Falou das súas "peripecias galegas polo mundo adiante e máis alá", nunha amena e interesantísima charla titulada, De Galicia ao espazo.
Ricardo deunos moitas ideas para o noso proxecto 17M17 Evasión do planeta Terra, que vamos a aproveitar, seguro. Aínda que novo, xa ten moita experiencia nesto dos satélites e do espazo. Participou no Proxecto XaTcobeo, que desenvolveu e puxo en órbita o primeiro
satélite artificial galego, que ademais foi o primeiro satélite non militar
español. Máis tarde traballou no Proxecto HumSAT-D, segundo satélite galego. E
como non hai dous sen tres, o Proxecto Serpens, terceiro satélite galego, tamén
contou coa súa colaboración.
Ricardo
Tubío falou non só das súas experiencias profesionais senón tamén das súas vivencias nesta
intensa viaxe cara ao espazo e animou aos rapaces a que se atopan o que lles
gosta, poderán chegar a onde se propoñan: “Da vosa vida podedes facer o que queirades! Atopade
o que vos gusta, sempre chegaredes a onde debedes estar!”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







.jpeg)

