Amosando publicacións coa etiqueta lingua galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua galega. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2026

Andaina musical con Fundación Legar





O alumnado de 3 ESO gozou esta mañá dun roteiro musicado con @Fundacionlegar, organizado por Biblioteca e o Departamento de música. Aprendemos sobre instrumentos tradicionais, música de raíz, etnografía e convivencia, nun día solleiro que foi unha marabilla. Grazas por esta xornada!

luns, 9 de xuño de 2025

Exposición ano Castelao


Con motivo do 75 aniversario do seu pasamento, e a partir da proposta de traballo da Biblioteca (en colaboración cos Departamentos de Lingua e literatura galega e Lingua e literatura castelá), o alumnado de 1ºBacharelato elaborou paneis expositivos sobre a vida e a obra de Castelao. Aquí vos deixamos o traballo escollido para a súa impresión, realizado por Sofía e Emma.

 

venres, 28 de marzo de 2025

Charlas sobre Animais extraordinarios na biblioteca: Xulio Gutiérrez

Na mañá de hoxe o alumnado do centro tivo a oportunidade de escoitar, un ano máis, a Xulio Gutiérrez, autor da colección Animais extraordinarios publicada por Kalandraka e grazas ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Xulio falounos sobre curiosidades zoolóxicas e tamén sobre o proceso de documentación e ilustración dos libros, realizada por Nicolás Fernández. Estes libros, Ollos, Bocas, Ocultos, Nacer, Construtores e Viaxeiros, que xa se convertiron en obras imprescindibles da divulgación científica en galego, están dispoñibles na nosa biblioteca. É sempre un pracer escoitarte, Xulio!




martes, 11 de marzo de 2025

Encontros interxeracionais "Fálame da emigración'

 



O Departamento de Lingua e literatura galega organizou, para o alumnado de Oratoria de 4 ESO, a actividade "Fálame da emigración", que se levou a cabo na biblioteca esta mañá. A actividade enmárcase no programa de Encontros interxeracionais de Afundación.