Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.

jueves, 24 de noviembre de 2011
Actitude 2.0
Mirade que pasou no VI Encuentro Internacional EducaRed 2011, que trataba da Actitude2.0. A verdade é que a actitude foi boa, tanto dos poñentes, docentes e dos "espontáneos", sobre todo destes. Xa veredes...
viernes, 11 de noviembre de 2011
lunes, 7 de noviembre de 2011
Semana da Ciencia
Un ano máis celebramos a Semana da Ciencia. Nesta ocasión os protagonistas non poden ser outros que a Química e Marie Curie.
A ONU declarou 2011 como Ano Internacional da Química, co obxectivo de mostrar e celebrar os logros da Química así como a súa contribución á humanidade. No ano 2011 se conmemora o centenario da concesión do Premio Nobel de Química a Marie Curie, a primeira muller en obter tan prestixioso recoñecemento. Ademais, se cumpre o centenario da fundación da Internacional Association of Chemical Societies, precursora da Unión Internacional de Química Pura y Aplicada e mesmo celébrase o 350 aniversario da publicación do libro de Robert Boyle, The Sceptical Chymist (1661), que marca a orixe da Química como ciencia moderna.

A química non é algo alleo a nós. Poderiamos dicir que somos química, que estamos formados por elementos químicos e que os nosos comportamentos obedecen a reaccións químicas. O lema do Ano Internacional da Química é “Química: a nosa vida, o noso futuro”.
A nosa Biblioteca quixo sumarse a esta conmemoración con diferentes actividades:
- Unha homenaxe á Marie Curie.
- Unha selección de libros de Ciencia.
- E un panel con Novas de Ciencia que poderá aportar calquera membro da comunidade educativa.
domingo, 6 de noviembre de 2011
Recursos TIC para Bibliotecas escolares
Si estáis buscando Recursos para la Biblioteca y disponéis de algo de tiempo para bucear en la Red no podéis perderos el blog de Jorge Pedrosa Rúa que tiene un montón de enlaces interesantes y mucha información que servirá de ayuda. Está en el siguiente enlace:
http://cuadernodejorgepedrosa2.blogspot.com/
Ha sido una sorpresa muy agradable encontrarlo...
http://cuadernodejorgepedrosa2.blogspot.com/
Ha sido una sorpresa muy agradable encontrarlo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)