martes, 3 de febreiro de 2015

Las abejas, de Laline Paull.



Ola totems!

Desta vez vouvos recomendar unha lectura ben curiosa. Unha novela imaxinativa como poucas, cunha trama que aloxa un misterio que non vos permitirá deixar a lectura ata que a rematedes. Pero ... novelas que encaixen nesta descrición hai moitas. Sen embargo, esta novela é única porque, que eu saiba, ningunha ten como protagonistas ás abellas dunha colmea, a unha obreira da clase máis baixa que se convertirá no eixo dun fenómeno que, non por natural, deixa de ter a súa máxia e, agora, co relato de  Laline Paull, a súa dose de intriga, de relato ben contado e, co permiso dos biólogos, de exactitude científica.
Refírome ó libro Las Abejas, de Laline Paull, editado por Editorial La Colmena (non podía ser outra) o pasado ano 2014.
Recoméndovolo encarecidamente e declároo (moi subxectivamente, claro) MOI RECOMENDABLE.

Ningún comentario: