Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



martes, 17 de febrero de 2015

Orígenes, de Neil deGrase e Donald Goldsmith.


Ola totems!

¿Sabedes onde se formaron a totalidade dos elementos químicos que forman o noso planeta, as montañas, os mares e, ... mesmo o noso corpo?
¿Sabedes de onde procedemos, a lo menos a materia e a enerxía precisas para nos formar?

Do interior das estrelas. Somos polvo de estrelas. Esta noticia non aparecéu, no seu momento, nos principais periódicos de tirada nacional, nin nas revistas de máis sona, nen sequera nas follas parroquiais. Os editores deses medios non consideraron de relevancia para o público en xeral saber de onde procedemos, onde está a nosa orixe, onde foi creada a materia que compón ate a última célula, a derradeira molécula, o infinitesimal átomo do noso corpo.

Neil deGrasse Tyson e Donald Goldsmith encárganse de nos aclarar todos estes interrogantes, de achegarnos esta exploración  das máis profundas augas da cosmoloxía, a astrofísica e a exobioloxía. Para saber quén somos e de ónde vimos, incluso a onde voltaremos.

Recoméndovos pois o libro Orígenes, 14.000 millones de años de evolución cósmica, de Neil deGrasse Tyson e Donald Goldsmith, publicado pola editorial Paidós o pasado ano 2014. Non volo perdades. Próximamente nesta biblioteca.

No hay comentarios: