mércores, 28 de xuño de 2017

Proxecto 17M17 Misión a Marte

Despois de ser seleccionados para unha misión de alto segredo que nos ía levar moi lonxe, ao planeta Marte, puxémonos ao choio para investigar e crear todo aquilo que nos permitise sobrevivir no noso novo mundo: un invernadoiro que nos proporcionase as plantas coas que alimentarnos, fertilizantes e xabón, a cúpula onde habitariamos. Deseñamos en 3D edificios e un robot agricultor. E, claro, un novo mundo necesita de novos profesionais e dun código ético acordado entre todos.
O equipo de redacción de IX2novas, mantívonos informados de todas as actuacións que se levaban a cabo.
Con este vídeo, onde se recollen algúns dos momentos do proxecto, podedes facervos unha idea de cómo abordamos a misión. Agora só queda emprender a viaxe.

Video Proxecto 17M17. Misión a Marte from IES A Xunqueira II on Vimeo.

Ningún comentario: