Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de maio de 2014

Día das Letras Galegas 2014

Este ano a RAG adicoulle o Día das Letras Galegas ó escritor Xosé Mª Díaz Castro. Entre os argumentos aducidos para a súa escolla destacan o estilo creativo de Díaz Castro  pola súa economía expresiva e pola combinación de intimismo, paisaxismo e humanismo, así como polo seu virtuosismo técnico.

Nós, no noso Instituto,  quixemos homenaxear ó escritor recitando poemas da súa obra Nimbos e tamén doutros poetas galegos senlleiros. A actividade contou coa colaboración dos membros do Club de Lectura e de alumnos de 1º de  ESO.

No seguinte vídeo mostramos parte do recital



RECITAL DE POESÍA 2014 from Equipo da Biblioteca on Vimeo.


Paralelamente,  alumnos de 1º de ESO participaron na elaboración de caligramas  a partir de poemas de autores galegos e de creación propia. Nesta presentación pódense observar o resultado dos traballos.




venres, 16 de maio de 2014

Día das Letras Galegas 2014 II

O día 14 de Maio, dentro das actividades realizadas no centro para celebrar a Semana das Letras Galegas, alumnos de 1º de ESO, dirixidos pola profesora de Lingua e Literatura Galega, Amalia Graña, representaron no salón de actos do Instituto a obra de teatro Restaurante Farruco de Chus Pereira.
A peza ten un só acto, transcurre nun só día e a acción se desenvólvese nun só espazo, o Restaurante Farruco.
A autora utiliza o verso rimado e, cun ritmo trepidante, presenta situacións disparatadas entre os clientes, os camareiros e algúns dos ingredientes dos menús.







Acabamos o acto cantando e bailando con Paco Nogueiras e Con Díaz Castro.



luns, 13 de maio de 2013

As letras que nos fixeron

As letras que nos fixeron son 50 carteis elaborados por 50 deseñadores diferentes que quiseron dar conta das 50 edicións do Día das letras Galegas (1963-2012). Aínda que este manifesto pola lingua é do ano pasado, como é evidente, non caduca. Os carteis conseguímolos hai pouco pero non queriamos que quedaran esquecidos nun caixón.



2013 Día das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño.

O Día das Letras Galegas homenaxea este ano ao autor teatral, director e actor Roberto Vidal Bolaño, "unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG. Entre as súas obras están "Laudamuco, señor de ningures" (1976), "Bailadela da morte ditosa" (1980), "Agasallo de sombras" (1992), "Días sen gloria" (1992), "Saxo tenor" (1993) ou "As actas escuras" (1994), a meirande parte delas representadas.

Para coñecer máis datos da súa vida e obra podedes consultar a Biografía elaborada polo Seminario Galan, da que temos unha mostra no vestíbulo.

Tamén son interesantes a presentación feita pola biblioteca do http://andel-aberto.blogspot.com.es/
do IES Fontexería (Muros) http://www.slideshare.net/fullscreen/fontexeriabib/roberto-vidal-bolao-20857862/1 e a liña de tempo do IES San Paio

Mª Asunción García Álvarez fixo una recompilación de recursos que podedes atopar en https://sites.google.com/site/recursosrobertovidalbolano/


                                       

                                                    








mércores, 16 de maio de 2012

Palabras vivas-Letras Galegas 2012


Aquí tedes unha mostra das Palabras vivas que latexan no noso centro.
É o resultado dunha actividade aberta a toda a comunidade escolar, na que todo o que participou achegou unha palabra dá lingua galega que quixese destacar por algunha razón: porque lle soase ben, porque lle gustase o seu significado, porque tivese connotacións afectivas, porque lle trouxese recordos agradables, porque lle gustase pronunciala...
Bico, agarimo, orballo, praia, bolboreta, cóxegas, bágoa, cor, chuchamel, ceibe, amorodo, lúa, vagalume, xoaniña, lucecú, colo, meiga, loita, natureza, agasallo....son algunhas das máis repetidas.

Aínda que non se vexa nas fotos (que foron feitas con anterioridade) ocupou un lugar moi especial a palabra Loaira, suxerida pola nosa querida Anxos Rial do IES de Poio


venres, 13 de maio de 2011

SALVANDO LIBROS. DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


salvandogrande

O cartel da presentación da exposición, que explica o obxectivo da mesma, así como os carteis individuais onde se salvan os libros,  foron deseñados por Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e debuxante, que xa colaborou xenerosamente o ano pasado coas Bibliotecas escolares e que é fillo do noso querido compañeiro e tamén artista Santiago Eizaguirre.
Estes son os carteis, que recollemos do blog mesturas http://mesturas.blogspot.com/2011/05/letras-galegas-2011-salvando-libros.html

1 5
3 2




4


E neles salváronse moitos libros "en risco de se extinguir" ( recollendo a idea da obra de Ray Bradbury, Farenheit 451)  . Nunha primeira fase os "salvadores" foron os alumnos e algúns profesores do noso centro, que memorizaron un pequeno fragmento do libro escollido para que non se perderan no olvido. E, entre todos os libros memorizados, elixiron estes dous, como representativos do noso Instituto.

Esto é unha pequena mostra de todos os salvados.



E agora a escolma dos centros.
Esta é a escolma dos libros que representan aos centros de Ensino Secundario e a persoeiros do mundo da ciencia, literatura, etc.






Esta é a escolma de libros salvados polos centros de Educación Infantil






 Esta é a escolma de libros salvados nos centros de Educación Primaria






Hai que felicitar a  Sabela y Dolores, que coordinaron esta actividad desde o IES Luis Seoane de Pontevedra  e a Escola Unitaria de Vide, respectivamente e, unha vez máis, a Jaime Eizaguirre.