Amosando publicacións coa etiqueta Formación de Usuarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación de Usuarios. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de outubro de 2025

24 de Outubro. Día das bibliotecas: "Contra a desinformación, bibliotecas"


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

O lema deste ano, "Contra a desinformación, bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na loita contra a desinformación.

Desde a biblioteca do noso centro, levamos xa un tempo propoñendo actividades de alfabetización informacional, para que o alumnado saiba non so acceder á información da rede de forma crítica, senón tamén reelaborar esa información e reseñar as fontes en prol dos dereitos de autoría. Durante este curso, traballamos en 2º ESO co cómic "La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel (Editorial SM) e a partir da lectura, analizamos os intereses detrás dos bulos e realizamos infografías con consellos para identificar a información falsa. Aquí tedes algúns dos traballos realizados:



Infografía de Paio (2º ESO B)


Infografía de Maia (2º ESO B)

Infografía de Leo (2º ESO D)

martes, 9 de setembro de 2025

Como se usa a biblioteca do IES?

Aquí vos deixamos o tríptico de uso da biblioteca no que vos explicamos as normas, a organización dos andeis e dos materiais e tamén como podedes acceder dende casa ao noso catálogo. Botádelle unha ollada!


venres, 18 de outubro de 2024

Formación do voluntariado

Xa temos ao noso voluntariado preparado para as tarefas de xestión, procura de materiais e dinamización da biblioteca. Grazas por colaborar con nós, Iria, Alba, Nora, Martín e Óscar.



luns, 23 de setembro de 2024

Formación de usuarios e usuarias da biblioteca

Aquí vos deixamos o tríptico informativo sobre o uso da biblioteca e os servizos que ofrece, ademais dos horarios de apertura para este curso 2024/2025. Non deixedes de lelo para enterarvos de todo!


 

xoves, 26 de outubro de 2023

#SemanaglobalAMI

                                                     

Co gallo da Semana global da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) proposta pola UNESCO (23 a 27 de outubro de 2023), desde a biblioteca estamos a traballar a detección de información falsa nos medios en 2 de ESO. Así, aproveitando os recursos ofrecidos pola biblioteca, o alumnado está a elaborar infografías con recomendacións e consellos para a análise da veracidade da información. Proximamente publicaremos os produtos realizados.





Alumnado de 4 ESO traballando sobre a fiabilidade das fontes

Se queres saber máis sobre a deinformación, pincha aquí.

domingo, 3 de febreiro de 2019

Formación de usuarios







                                                                                



Alumnos de 1º de ESO na segunda sesión de formación de usuarios. 
Organizados en grupos, tiñan que atopar nos estantes os títulos que se lles facilitaban nunha lista. Todos recibiron pequeños agasallos (marcapáxinas e pins) e os grupos gañadores libretas ou pequenas mochilas.

luns, 24 de outubro de 2016

Benvida!

Hoxe 24 de outubro é o Día Internacional da Biblioteca e, con tal motivo, queremos invitarvos a que pasedes pola biblioteca do instituto, que vos espera coas portas abertas. Non é que ata agora estiveran pechadas. Pero pode que algún despistado esquecérase de visitala e aínda non saiba o que aconteceu nela no verán, cando estabamos de vacacións.
Sufriu unha “metamorfose”, pero non como a de Gregorio Samsa. Non vos preocupedes. Cambiou. Iso si. Creceu uns cantos metros, aumentou o número de andeis e de fiestras e, quizais o máis novo, abriu unha porta de saída ao xardín interior do centro, onde poderanse facer lecturas "máis osixenadas".
Estades invitados todos, pero moi especialmente os alumnos novos no centro. Para vos organizamos unhas visitas guiadas onde coñeceredes cómo está organizada a nosa biblioteca, qué seccións ten, cómo se busca no catálogo, cómo localizar os libros, cómo se fai o préstamo, etc.


Non vos perdades a selección de libros relacionados coas Artes que atoparedes no expositor de novidades. Por que de Arte?, pois porque é o tema elixido polas Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso, como se ve no cartel creado por Minia Regos.

xoves, 1 de outubro de 2015

Benvida¡

A biblioteca dávos a benvida a todos os alumnos pero moi especialmente aos que vos incorporades este curso ao instituto. Para que a coñezades con máis detalle -aínda que algúns xa pasastes pola sala- está a organizar visitas guiadas para os alumnos de 1º ESO e faias coincidir coa semana na que se celebra o Día das Bibliotecas (24 de Outubro). Nestas visitas mostrarémosvos as diferentes seccións da biblioteca, os recursos de que dispón, a organización dos libros, o blogue da biblioteca...

O lema escollido este curso para a campaña anual das bibliotecas escolares de Galicia é "Biblioteca escolar, base de exploracións" . E iso é precisamente o que se pretende desde a biblioteca,  facilitarvos os recursos para que poidades explorar nos temas que vos interesen e compartais os vosos descubrimentos. Así que aquí esperámosvos, cos motores en marcha para iniciar a viaxe.

luns, 3 de febreiro de 2014

VIDEO: Orde na sala!

Presentámosvos este video sobre o funcionamento da biblioteca. Podédelo atopar en calquera momento á dereita, na sección: VIDEOS.




Orde na Sala from bibliototem on Vimeo.