Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 18 de decembro de 2024
Obradoiros de xogos de mesa
O alumnado usuario dos xogos de mesa, realizou na mañá de hoxe un obradoiro para 1 ESO, de xeito que os pequenos aprendesen a xogar, coñecesen os materiais dispoñibles e pasasen un bo rato. Grazas aos monitores da actividade, que explicaron xenial e botamos todos unhas boas risas!
mércores, 20 de decembro de 2023
Obradoiros de xogos de mesa para 1 ESO
O alumnado que asiste diariamente á actividade de Xogos de mesa (todos os recreos no espazo de Polos creativos) está a realizar, entre hoxe e mañá, obradoiros para ensinar os nosos xogos ao alumnado de 1 ESO. Os obradoiros están a ser un espazo de encontro e xogo marabilloso e, especialmente, integrador. Parabéns, rapaces/as!
venres, 6 de outubro de 2023
Comezo da actividade de xogos de mesa no tempo de lecer
Esta semana arrincou a actividade de xogos de mesa no espazo de Polos Creativos durante o segundo recreo. Hai un montón de xogos diferentes e xa un bo número de rapaces e rapazas participando. Se queres pasar un recreo diferente... Achégate e proba!
mércores, 4 de outubro de 2023
Xogos de mesa no segundo recreo
A partir do 4 de outubro, os xogos da biblioteca trasládanse, no segundo recreo, ao espazo de Polos Creativos. Espera que abra o profesorado de guarda e a xogar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















