Durante a semana pasada celebramos diferentes actos relacionados co Día da Lingua Materna. Algúns alumnos do centro compartiron con nós poemas ou contos dos lugares dos que son orixinarios; outros nos deleitaron coa súa música. Foi unha experiencia moi gratificante e de certo que aprendimos algo de todos eles.
Para que todos eses momentos non se borren no tempo como bágoas na choiva, que diría Roy Batty, e para que nos quede unha lembranza destes días, presentámosvos un video que preparou o equipo da Biblioteca. Tan só esperamos que vos guste. Podédelo ver e incluso descargar para os vosos ordenadores, teléfonos, ... Compartídeo cos vosos amigos e familiares. Seguro que lles ha gustar.
Sen máis aquí o tedes.
Día da Língua Materna 2016 from bibliototem on Vimeo.
2 comentarios:
Preciosa idea!
Fermosísima experiencia! É tan enriquecedora que vou compartila no noso blogue para o noso Centro. Parabéns!
Publicar un comentario